Alternativa denuncia irregularidades no proxecto de recuamento da LMT, CT e RBT no lugar de Uxes

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denuncia irregularidades no proxecto de recuamento da LMT, CT e RBT no lugar de Uxes

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia irregularidades no referente ás expropiacións do proxecto de recuamento da LMT, CT e RBT no lugar de Uxes, promovido por Unión Fenosa Distribución S.A. O proxecto, con número de expediente IN407A 2015/297-1, presenta irregularidades no referente á expropiación do solo necesario para a instalación do novo centro de transformación que se pretende situar na parcela con referencia catastral 15005A07200501.

“No referente ao procedemento de expropiación pódense apreciar claras irregularidades, xa que non se comunicou debidamente á propietaria afectada pola expropiación forzosa. Indicaron como descoñecido ao propietario/a da parcela afectada pola expropiación, xa que supostamente non o puideron identificar. Isto é algo raro, xa que a parcela esta perfectamente recollida e nomeada no catastro, e é por isto, que puideron realizar as xestións pertinentes para verificar a propietaria da citada parcela. Doutra banda, a cantidade correspondente á expropiación que foi depositada en facenda non se axusta ao valor do ben expropiado, xa que se valorou como solo rústico un solo que é urbano “apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Non se entende como este procedemento de expropiación puido ser aceptado e asinado tanto pola Xefatura Territorial como polo Concello de Arteixo. É por iso, que solicitamos que se aclaren os feitos referentes a este procedemento” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!