[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa denuncia que o Goberno incumpre ano tras ano a construción do parque canino
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o Goberno Municipal incumpre ano tras ano a construción da prometida e tan necesaria área canina, que mesmo desaparece dos orzamentos do próximo ano. Na actualidade aínda non existe ningún espazo público no municipio que estea habilitado para os animais.
“No concello de Arteixo contamos cun importante número de cans, que ademais aumenta cada ano, pero con todo, non existe ningún espazo público habilitado onde os animais poidan socializar con outros e onde se poidan exercitar e divertir” apunta Noelia Martínez, Portavoz de Alternativa en Arteixo.
“No ano 2018 foron aproximadamente uns 600 veciños e veciñas os que presentaron no concello unha petición para que o equipo de Goberno levase a cabo a construción desta área canina, pero como xa é habitual con este Goberno, non obtiveron outra coma máis que o silencio por resposta. No concello de Arteixo queda moito por avanzar en canto á empatía e o respecto cara aos animais de compañía, que ademais en moitos casos e situacións, son compañeiros e amigos imprescindibles para moitas persoas. Tamén, por suposto, queda moito por avanzar en canto ao civismo á hora de recoller os excrementos nos espazos públicos. É imprescindible traballar para concienciar á cidadanía”, matiza Noelia Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]