Especulación urbanística en Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Especulación urbanística en Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Xunta de Galicia contestou ao Concello de Cambre que o borrador do Plan Xeral de urbanismo incumpre diversas normativas da Lei do solo que impediría a súa futura aprobación. Entre outras cousas, os informes da Xunta alertan de exceso de construción de novas vivendas e da necesidade de descalificación de solos que se presentan como urbanos, por carecer dos servizos mínimos esixibles como por exemplo a rede de saneamento.

A Xunta tamén chama a atención a Cambre por querer incluír como zonas verdes parques que son dos concellos de Oleiros e Culleredo. Tampouco admite as obras ilegais do polideportivo situado nos Campóns, que infrinxe a Lei do solo, tal e como xa denunciou Alternativa dos Veciños.

O informe da Xunta avala outra das denuncias de Alternativa dos Veciños, sobre os 40.000 metros cadrados de solo rústico xunto ao Graxal que se recalificaran como industriais cunha edificabilidade de 0.62 metros cadrados por metro cadrado cando os terreos non tiñan aproveitamento urbanístico. Tanto neste solo como nos limítrofes, onde están situadas as Casas Bailly, a Xunta recorda que este tipo de terreos debe ser calificado como rústico de especial protección por servidume do aeroporto, estradas do estado e elementos patrimoniais.

Lamentablemente, Alternativa dos Veciños, tiña razón nas denuncias que presentou no seu día. Ante tanta irregularidade e engano que se pretendeu con este documento do Plan Xeral, Alternativa demandará explicacións ante o pleno.

Na pasada campaña electoral, o Goberno municipal foi polas parroquias enganando aos veciños, prometendo o que non se podía dar, malia ser coñecedores da realidade. É incompresible que despois de 40 anos de democracia, teñamos en Cambre tantas zonas carentes de servizos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!