Alternativa denuncia ante Patrimonio Cultural da Xunta que a represa da Ponte dos Brozos foi atacada e destruída

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denuncia ante Patrimonio Cultural da Xunta que a represa da Ponte dos Brozos foi atacada e destruída

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicítalle explicacións a Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, xa que descoñece que administración levou a cabo e con que permisos a destrución da represa da Ponte románica dos Brozos.

A Ponte dos Brozos que está situada na parroquia de Oseiro no Concello de Arteixo, unha ponte románica que está recollida e catalogada por Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e tamén nas Normas Subsidiarias vixentes no concello de Arteixo, hai unha semanas que foi atacada vilmente destruíndo a represa que formaba parte da mesma.

Alternativa dos Veciños descoñece que administración levou a cabo e con que permisos este atentado contra un ben público e de interese cultural. Un ataque contra uns dos monumentos máis representativos e importantes do concello de Arteixo.

“Coa destrución da represa, a ponte queda totalmente exposta ás correntes do Rio Bolaños, e por tanto, acabará sufrindo importantes dilatacións. Con esta manobra levada a cabo por non sabemos quen, queda mais que claro que alguén ten un importante interese en acabar coa Ponte dos Brozos, xa que de non ser así, non se pode entender semellante barbaridade e ataque contra un monumento publico e de interese cultural” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Por iso, solicitamos que se nos informe se Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia concedeu algún permiso para destruír a represa da Ponte dos Brozos. Se Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia non concedeu tal permiso, entón débese abrir unha investigación e que os responsables paguen por cometer o delito de atentar contra un monumento público de interese cultural” matiza Juanfran Martínez.

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!