Alternativa denuncia ante a Casa do Concello a nefasta xestión no Servizo de Axuda no Fogar de Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text][/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Veciños e veciñas de Arteixo concentráronse esta mañá ante a Casa do Concello para denunciar a grave situación que están a vivir os usuario do SAF como consecuencia da nefasta xestión por parte do Goberno.

Hai aproximadamente un ano que o concello adxudicaba un novo servizo de axuda no fogar. O servizo contratouse en dous lotes e as empresas adxudicatarias foron SIAD 24 Galicia, para a zona norte, por 480.000 euros ; e Protección Geriátrica 2005, para a zona sur, por 778.000 euros. Pero, ningunha das dúas empresas está a cumprir coas condicións establecidas no prego de prescricións técnicas e nos contratos.

Son numerosas familias que están a sufrir esta grave situación. Familias que se atopan desesperadas e que ademais teñen que ver como a concelleira responsable non fai absolutamente nada para solucionar a situación.

“As empresas adxudicatarias cambian a diario os horarios do servizo aos usuarios, provocando isto números inconvenientes aos usuarios e os seus familiares. Tamén, os problemas veñen ocasionados polo continuo cambio de persoal nas empresas prestadoras do servizo, xa que isto provoca tanto a usuarios como a profesionais unha continua nova adaptación e aprendizaxe. Logo, o que é máis grave se cabe, é que as empresas non conta con profesións cualificados para prestar este servizo e, a situación é insoportable para os usuarios con mobilidade reducida que se atopan encamados e que necesitan uns coidados máis especializados, como poden ser os cambios posturais para evitar as complicacións da falta de mobilidade”, dixo a voceira de Alternativa en Arteixo Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!