[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text][/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños sairá a rúa para denunciar a grave situación que están a vivir os usuario do SAF como consecuencia dunha nefasta xestión por parte do Goberno. A concentración será o sábado día 28 de xaneiro ás 12 horas, diante da Casa do Concello.
Alternativa dos Veciños ten coñecemento da grave situación que están sufrindo os usuarios do servizo de axuda no fogar, xa que foron numerosas familias as que se puxeron en contacto para denunciar a situación, logo de que o concello desatendese todas as reclamación realizadas ata o momento.
Hai aproximadamente un ano que o concello adxudicaba un novo servizo de axuda no fogar. O servizo contratouse en dous lotes e as empresas adxudicatarias son foron SIAD 24 Galicia, para a zona norte, por 479.383 euros ; e Protección Geriátrica 2005, para a zona sur, por 777.693 euros. Pero, ningunha das dúas empresas está a cumprir coas condicións establecidas no prego de prescricións técnicas e nos contratos.
“Temos coñecemento de certas situacións que se están dando na prestación do servizo que son moi graves. Non se pode comprender como o concello tendo constancia non fai nada ao respecto. Son numerosas familias as que están a sufrir esta grave situación. Familias que se atopan desesperadas e que ademais teñen que ver como a concelleira responsable non fai absolutamente nada para solucionar a situación“ apunta Noelia Martínez.
“As empresas adxudicatarias cambian a diario os horarios do servizo aos usuarios, provocando isto números inconvenientes aos usuarios e os seus familiares. Tamén, os problemas veñen ocasionados polo continuo cambio de persoal nas empresas prestadoras do servizo, xa que isto provoca tanto a usuarios como a profesionais unha continua nova adaptación e aprendizaxe. Logo, o que é máis grave se cabe, é que as empresas non conta con profesións cualificados para prestar este servizo e, a situación é insoportable para os usuarios con mobilidade reducida que se atopan encamados e que necesitan uns coidados máis especializados, como poden ser os cambios posturais para evitar as complicacións da falta de mobilidade” expón Martínez.
“Atendendo á gravidade da situación e tendo en conta que o equipo de goberno non está polo labor de solucionar este grave problema que afecta a decenas de familias usuarias do servizo, desde Alternativa dos Veciños volvémonos ver obrigados a saír á rúa para defender a saúde e calidade de vida dos nosos veciños en situación de dependencia” matiza a voceira de Alternativa, Noelia Martínez.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]