[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Despois de numerosas manifestacións públicas por parte do Goberno de Cambre demandando a construción do denominado vial 11 –desde a N-VI ata a AP-9, desde O Seixal ata A Barcala-, nos planos do documento de avance do Plan Xeral de Cambre non aparece este vial. E é máis, clasifican a zona de conexión entre o Concello de Cambre e o de Oleiros como zona verde e, por tanto, estarían impedindo facer o mesmo vial que reclaman publicamente, imprescindible para sacar o tráfico da Costa da Tapia. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O vial, que partiría desde a N-VI desde a altura da antiga Biona e que iría ata zona da antiga peaxe da Barcala, foi proposto no seu día polo Concello de Oleiros. O proxecto está aprobado, conta con todos os informes positivos de impacto ambiental, e, polo tanto, a Xunta de Galicia non tería ningún problema para a súa contratación.
Resulta gravísimo que se xogue coa cidadanía e coas infraestruturas públicas de interese supramunicipal desta maneira. Nada nova por parte do Goberno de Cambre, que está a boicotear a conexión da vía Ártabra coa AP-9 por intereses particulares.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]