Alternativa denuncia a imposibilidade de ampliar o Polígono os Capelos

O grupo municipal de Alternativa dos Veciños denuncia que a proposta do goberno local de ampliar o Polígono Industrial do Capelo carece de viabilidade na actualidade.

Alternativa critica que esta proposta de transformar parcelas actualmente destinadas a uso residencial, aprobadas no seu día polo SEPES, en solo industrial; non é posible sen unha modificiación e aprobación previa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), do que Carral carece.

O grupo considera que o executivo local está a xerar falsas expectativas entre a veciñanza e o tecido empresarial, anunciando proxectos que non poden executarse nas condicións actuais.

Comparte esta nova!