Alternativa denuncia a falta de información sobre o corte da senda peonil Carral-Tabeiao

Reclaman que o goberno empregue os medios municipais para informar á veciñanza.

A veciñanza de Carral atopouse no día de onte coa senda cortada, concretamente na ponte da Brexa, onde se prohibiu o paso sen previo aviso.

Dende Alternativa critican a deficiente xestion do goberno municipal, xa que o corte non foi comunicado a través de ningún medio municipal, deixando á veciñanza sen información sobre unha infraestructura de uso diario e moi transitada polos veciños e veciñas do concello.

Alternativa reclama que o Concello informe sobre os motivos que levaron ao corte, así como a previsión de duración da medida. Tamen que o novo goberno municipal empregue os medios municipais para manter á veciñanza puntualmente informada.

Comparte esta nova!