Alternativa dos Veciños demanda unha mellora nas infraestruturas viarias de Culleredo
Alternativa dos Veciños denuncia unha falta de conservación das vías de competencia municipal e provincial nas parroquias do rural de Culleredo.
Esta fin de semana o grupo de Alternativa dos Veciños Culleredo estívose reunindo coa veciñanza de Orro, Celas, Sueiro e Tarrío para coñecer as súas inquedanzas. Unha das realidades máis sinaladas é a deficiente conservación das estradas que unen os lugares das parroquias do rural. Desde Alternativa dos Veciños consideramos imprescindible un mantemento adecuado das vías municipais e demandaremos do novo Goberno provincial, sexa cal sexa, unha correcta conservación das vías da súa competencia.