Alternativa dos Veciños volve demandar un servizo de pediatría digno

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños volve demandar un servizo de pediatría digno

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Son moitos os pais e nais do municipio que denuncian constantemente a carencia de profesionais de pediatría nos centros de saúde de Perillo, Santa Cruz e Mera. O SERGAS segue sen cubrir as baixas e as vacacións destes profesionais, sobrecargando de traballo aos pediatras, que realizan un esforzo extraordinario para poder atender aos nenos e nenas que o precisan da mellor maneira posible.

Non é certo que non haxa pediatras para reforzar o servizo sanitario público. O problema é que as condicións laborais que se lles ofrecen desde o SERGAS son precarias, polo que moitos vense obrigados a emigrar a outros países para conseguir traballos dignos e estables. Desde as administracións públicas invístense moitos recursos na formación tanto de pediatras como de moitos outros profesionais sanitarios, que acaban exercendo noutros países pola nefasta xestión do PP da sanidade pública de Galicia.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!