Alternativa demanda os resultados do estudo da Rúa Estanque e esixe melloras na seguridade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa demanda os resultados do estudo da Rúa Estanque e esixe melloras na seguridade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A veciñanza queixouse xa fai un ano polo acceso modificado na rúa Estanque dende a Costa da Tapia, ante este descontento o goberno municipal comprometeuse a facer un estudo para analizar a posible mellora na actuación.

Alternativa esixe o acceso os resultados deste estudo, así como as posibles modificacións que se contemplan para mellorar este acceso da Rúa Estanque.

A día de hoxe a veciñanza segue a sufrir o difícil acceso á rúa cunha enrevesada curva dende a rotonda situada na Costa da Tapia. Esta entrada ven seguida dun paso de peóns, o cal non resulta moi seguro dada a situación. Ademais a circulación da transitada Costa da Tapia frease cando un vehículo fai uso desta incorporación á Rúa Estanque.

Alternativa tamén demanda a elevación dos pasos de peóns desta área ou a colocación de bandas rugosas, posto que recibimos queixas da velocidade habitual dos vehículos que circulan pola zona e o perigo que supón para os/as viandantes.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!