Alternativa dos Veciños demanda á Deputación que organice a regata de traiñeiras este verán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda á Deputación que organice a regata de traiñeiras este verán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O deputado provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, solicitou no pleno da Deputación da Coruña celebrado hoxe que o organismo provincial organice este verán a regata de traiñeiras que leva adiante todos os anos na que participan os equipos masculinos e femininos de remo de toda a provincia. A Deputación comunicoulle recentemente aos clubs a cancelación desta competición, cando si se van celebrar todas as demais probas desta modalidade deportiva durante o verán.

A Bandeira Deputación da Coruña supón unha importante fonte de ingresos económicos para os clubs participantes polos premios que se reparten na proba. Estas entidades atravesan dificultades económicas pola situación provocada pola pandemia e teñen unha importancia moi grande nas súas vilas polo seu traballo de promoción e fomento do deporte de base. Ademais, esta competición contribúe a dinamizar a hostalería da localidade que acolle a proba, cuestión tamén importante neste momento.

Alternativa dos Veciños considera que non hai motivo algún para cancelar a Bandeira Deputación de traiñeiras dado que si se van celebrar regatas este verán, xa que neste deporte o risco de contaxio é moi baixo. Ademais, as regatas contan cun protocolo sanitario aprobado pola Xunta de Galicia, facilmente asumible polos clubs e entidades organizadoras, que garante a seguridade das probas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!