via-artabra-lorbe

Alternativa dos Veciños demanda o aparcadoiro e a rede de saneamento no porto de Lorbé prevista no proxecto da vía Ártabra

O Concello de Oleiros reclamará ante a Xunta e Portos de Galicia a finalización dos traballos incluídos no proxecto da vía Ártabra nos accesos ao porto de Lorbé. O proxecto contempla a creación dun aparcadoiro para o porto e unha rede de saneamento para as edificacións que se atopan nesta zona cun bombeo de impulsión para enviar as augas fecais á depuradora que ten o Concello nas inmediacións. 

A Xunta expropiou os terreos necesarios para levar a cabo esta actuación, que non supera os 300.000 euros. A obra debería estar realizada hai xa 8 anos.

“A Xunta de Galicia expropiou o solo no seu día pero despois pasoulle o proxecto a Portos, e un polo outro e a casa sen barrer. O que queremos é que se faga ese aparcadoiro e se sanee esta zona. Estamos encima do tema e esixiremos á Xunta que aborde esta actuación con cargo aos orzamentos autonómicos do ano que vén”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas