Alternativa demanda na Deputación apoio para o sector das festas populares

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa demanda na Deputación apoio para o sector das festas populares

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presentará no próximo pleno da Deputación da Coruña unha moción para reclamar o apoio das administracións para as festas populares e patronais de Galicia. Alternativa solicita a constitución dunha comisión integrada por todos os organismos públicos para traballar pola recuperación das festas e romarías e polo mantemento do traballo dos milleiros de persoas que forman deste importante sector da economía galega.

“Creo que de non tomar medidas, unha parte importantísima da cultura do noso país pode desaparecer pola acción especuladora e explotadora dos axentes do espectáculo. Os representantes acabaron con centos de orquestras. Seleccionaron unhas cantas e as demais desfixéronas ao impedirlles traballar porque monopolizaron as contratacións. Os músicos, por certo, tamén son vítimas dos axentes ao estar asalariados cuns soldos baixísimos mentres os axentes se quedaban co 75% das contratacións”, dixo o deputado provincial Ángel García Seoane.

Das festas populares viviron e viven milleiros de persoas en toda Galicia: músicos, grupos culturais, feirantes, transportistas, hostaleiros, numerosas empresas de servizos…

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!