Alternativa demanda na Deputación a mellora da Seguridade viaria na Patiña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa demanda na Deputación a mellora da Seguridade viaria na Patiña

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación Provincial aproba o expediente para mellorar a seguridade viaria no lugar da Patiña. As obras que se van a realizar foron solicitadas no pleno da Deputación, por Ángel García Seoane, deputado de Alternativa dos Veciños.

Comprendese a construción de beirarrúas e beiravías a ambos lados da rúa nunha lonxitude duns 200 metros e unha inversión de 93.532 euros.

Para poder realizar estas obras a Deputación procederá a expropiar os terreos necesarios e demolerá unha casa en ruínas, que incomprensiblemente o concello mantén sen o expediente de ruína correspondente, incrementando así o gasto das obras da Administración Provincial.

Estas obras substitúen ás que se pretendían facer que favorecían os intereses de persoas ligadas ao goberno municipal de Cambre, as cales foron desestimadas pola Deputación. Permitirá un aforro duns 40.000 euros.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!