O procedemento non se está a facilitar á veciñanza a pesar de repercutir a máis de 3500 construcións que pasarán de propiedades rústicas á urbanase que serán cobrados os atrasosdende o 2023.
Alternativa dos Veciños promove coa moción que se inste á Xerencia do Catastro á suspensión do cobro de atrasos ao ser a falta de responsabilidade exclusiva da propia Administración non ter feito a actualización en tempo e forma .
Para compensar o esforzo das familias no pago dos atrasos acumulados, o grupo demanda a modificación da Ordenanza Fiscal nº 1 Reguladora do IBI para fixar o tipo de gravame de urbana no 0,48%. Medida que xa se executou no 2014.
Alternativa tamén esixirá que dende o Concello se facilite o trámite á veciñanza afectada:
– Creación dunha “Oficina Municipal de Axuda ao Afectado polo Catastro”
– Que se publique nos medios de comunicación municipais unha relación das propiedades afectadas.
– A emisión certificados municipais de “falta de servizos urbanos” nas parcelas que, sendo clasificadas como urbanas, carezan de servizos,servindo de proba pericial para facilitar as posibles alegacións.
– A realización dun informe sobre o impacto económico da medida.
“É obriga do Concello actuar como escudo dos seus cidadáns.” sinalan dende Alternativa.