[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños demanda máis equipamento público para a veciñanza en Sada
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños destaca as carencias do municipio a nivel de equipamento e sinala a necesidade de mellorar infraestruturas como a rede de sumidoiros e as beirarrúas.
A candidata á alcaldía de Sada por Alternativa dos Veciños, María Nogareda, destaca a necesidade de mellorar moitos dos equipamentos do municipio: “A rede de sumidoiros, a construción de beirarrúas, máis marquesiñas, completar o alumeado. Son moitas as necesidades do municipio en materia de equipamento público”, advirte Nogareda.
“Tamén é necesaria a potenciación de locais sociais e outros espazos de reunión para a xuventude e a terceira idade, así como infraestruturas deportivas”, sinala a canidadata de Alternativa en Sada.
Alternativa dos Veciños Sada celebra un encontro coa veciñanza este xoves 16 de maio ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Meirás.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS SADA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]