O pasado ano logramos que a Deputación contratara as obras de ampliación da rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora. Pasaron 6 meses desde a adxudicación do contrato pero, a día de hoxe, segue sen facerse nada porque Fenosa non retira uns postes. A Deputación debe facer valer os seus dereitos para empezar xa esta importante actuación de mellora da seguridade viaria.