[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Onde están os 8 millóns de euros que a Xunta anunciara para a pasarela de Santa Cristina -sabedores que non era realizable-?[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Con eses cartos poderían construír o paseo marítimo desde Oza, ata A Pasaxe, para conectar A Coruña con Culleredo. Ademais poderían crear un grande parque público nos terreos que ocupaban as chabolas, por debaixo do Colexio Santa María del Mar, hoxe recoñecidos definitivamente como propiedade do Estado.
Outro posible investimento deses fondos sería o da mellora dos depósitos e colectores xerais de auga para mellorar o servizo de abastecemento dos concellos de Cambre, Sada Bergondo e Oleiros. A Xunta ten pendente construílos desde hai máis de 10 anos.
Nas estradas autonómicas da comarca, que soportan os tráficos máis elevados de Galicia con importantes asentamentos poboacionais, precísanse desde hai anos melloras de seguridade viaria e peonil. É o caso da avenida Salvador Allanede, desde Vilanova ata Cecebre; da estrada de Mera a Sada en varios tramos; da avenida Isaac Díaz Pardo, desde Coruxo ata as Pedreiras…
Estas e moitas outras actuacións serían moi positivas para o conxunto da cidadanía da comarca coruñesa.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]