library-1147815_1920

Alternativa dos Veciños demanda información sobre o servizo de “Bibliotecas parroquiais”

O servizo das “Bibliotecas parroquiais” foi presentado o 22 de agosto. Pero a día de hoxe, pouca ou ningunha é a información que se pode atopar para facer uso do mesmo.

Non se coñece nin a súa situación, nin que horario teñen, medios de contacto ou como é o seu funcionamento. Pólo de agora trátase dunha noticia, xa que carece dos datos pertinentes para que as persoas interesadas poidan acceder a estas Bibliotecas.

Dende Alternativa dos Veciños reclamamos que se activen os medios de difusión e comunicación do Concello de Cambre. Criticando o modo de facer do Goberno Municipal na implantación desta iniciativa sen facilitar a información precisa á poboación para o seu uso.

Novas relacionadas