[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa demanda un centro de saúde digno na Casa do Mar de Mera
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños vai presentar unha moción no pleno do Concello de Oleiros para que a Xunta de Galicia dote ao centro de saúde de Mera do persoal sanitario necesario para prestar a atención sanitaria que precisan os máis de 5.000 habitantes da zona norte do municipio. Tamén se reclama ampliar o espazo destinado dentro da Casa do Mar de Mera ao consultorio médico, para poder incrementar e mellorar a actual prestación de servizos e crear un centro de saúde digno, acorde as necesidades presentes e futuras das parroquias de Maianca, Serantes e Dexo.
Os veciños e veciñas das parroquias de Maianca, Serantes e Dexo, xunto co Goberno municipal, levan anos denunciado as deficiencias do servizo público sanitario de atención primaria que se presta na Casa do Mar de Mera. As máis de 5.000 persoas ás que lles corresponde ser atendidas neste centro de saúde sofren a diario as consecuencias da falta de persoal e da obsolescencia dunhas instalacións claramente insuficientes.
Dous médicos de cabeceira (un deles prestando un pésimo servizo durante anos malia sobrepasar a idade de xubilación), unha única enfermeira, unha auxiliar de enfermeiría e un pediatra 4 horas semanais que non ten relevo nin durante baixas nin vacacións. Este é o cadro de persoal existente, que provoca unha situación insostible e que ocasiona que moitos veciños e veciñas aos que lles corresponde este centro sexan derivados a Santa Cruz ou Perillo, colapsando tamén estas instalacións.
Para realizar o necesario incremento de persoal é preciso a ampliación do espazo que ocupa o centro médico no edifico. A Casa do Mar atópase desde hai anos infrautilizada, con máis da metade da súa superficie sen uso. Un parte da planta baixa, onde se atopa o consultorio médico, e todo o primeiro andar estarían dispoñibles para incrementar os espazos. A Xunta invistiu 200.000 euros neste edificio para crear un centro de día, que acabou converteuse nun local social pantasma sen actividades pero con conserxe e director en nómina.
A zona norte do Concello de Oleiros necesita un centro de saúde acorde á súa poboación actual, que contemple o incremento de cidadáns que se produce durante os meses de verán e que a previsión de incremento poboacional que existe para toda esta zona a medio prazo debido á calidade e cantidade de servizos públicos existentes, á mellora das comunicacións viarias previstas e aos próximos desenvolvementos urbanísticos.
Para o axeitado funcionamento do sistema de sanitario público nunha situación normal é necesario contar cun servizo de atención primaria forte, dotado dos recursos e medios necesarios, que sexa usado de xeito responsable por parte dos cidadáns. Pero no actual momento que vivimos resulta absolutamente imprescindible reforzar a atención primaria, para evitar un colapso do sistema, e que se poida atender non só a aquelas persoas infectadas senón tamén todas as demais doenzas que seguen a padecer os cidadáns e que están a ser desatendidas.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]