Alternativa demanda á Xunta a modificación do Protocolo de adaptación o Covid-19 nos Centros de Ensino

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa demanda á Xunta a modificación do Protocolo de adaptación o Covid-19 nos Centros de Ensino

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Protocolo educativo deixa en total desamparo a docentes, alumnado e familias, tamén aos centros de ensino sen os recursos materiais, técnicos e humanos necesarios para afrontar o vindeiro curso. A Xunta de Galicia se desentende da xestión e aplicación das medidas que se propoñen no protocolo, deixando caer toda a responsabilidade sobre ás direccións dos centros educativos, profesorado e familias.

O protocolo presenta diferentes discrepancias, entre outras, as distancias de seguridade nas aulas, comedores ou salas de profesorado non se corresponden coas recomendadas polo Ministerio de Sanidade. En canto a hixiene de mans, ventilación e similares non se axustan aos medios dispoñibles nin horarios dos centros educativos. A limpeza e desinfección adicional nos espazos pretendese facer sen contrapartidas económicas, etc.

A Xunta despreocupase tamén en canto a servizos de conciliación como os comedores ou actividades extraescolares. Recaendo toda responsabilidade directamente a quen xestiona ditos servizos, xeralmente Asociacións de Nais e Pais, sen ofrecer ningunha axuda para afrontar a nova situación.

Nesta resolución volve quedar patente que o goberno da Xunta non está polo labor de investir no ensino público e que continúa coas súas políticas do “sálvese quen poida”.

Alternativa dos Veciños solicita á Xunta de Galicia que acceda a abrir diálogo coa comunidade educativa para a modificación e adaptación do protocolo ás necesidades e recursos reais dos centros de ensino. Así mesmo, Alternativa reclama que se dote aos centros educativos de ensino público dos medios materiais, técnicos e humanos precisos para que o novo curso poida levarse a cabo con total seguridade sen detrimento da formación educativa do alumnado.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!