Alternativa demanda a urbanización da contorna da Casa da Cultura
A Casa da Cultura de Cambre e a nova Biblioteca, se atopan no ámbito dunha unidade de execución urbanística. A pesar dos anos transcorridos dende o 10 de xuño de 2009, data na que foi aprobada definitivamente a obra, en ningún momento se procedeu á urbanización da contorna.
O custo que tiña que pagar o promotor da acción urbanística, segundo convenio, alcanzaba no seu momento 529.872 euros, cartos que tiñan que ser avalados ante o concello, acto que nunca se realizou.
No solo de esta actuación urbanística tamén se prevían uns edificios, ademais da cesión da parcela para facer a Casa da Cultura. En ningunha actuación urbanística, senón se desenrola, se pode proceder a construción algunha, senón vai parella a urbanización da contorna.
Dende Alternativa dos Veciños denunciamos e demandamos a urxente urbanización da contorna da Casa da Cultura e a Biblioteca, na que foron invertidos en torno a un millón de euros, para que poidan prestar servizo á cidadanía.