Alternativa demanda a limpeza para o lavadoiro do Rocón

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa demanda a limpeza para o lavadoiro do Rocón

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A veciñanza de Cambre segue a propoñer accións de mellora a Alternativa dos Veciños, neste caso deron traslado do lamentable estado do lavadoiro do Rocón.

Este lavadoiro, parte do patrimonio cambrés, está totalmente abandonado, maltratado polo vandalismo, pero tamén polo descoido, falta de limpeza e mantemento.

A pesar de resultar un punto moi transitado por paseantes, posto que comunica o propio centro da vila coas sendas boscosas da parte de abaixo do castro, chegando practicamente ao paseo do río Mero.

Alternativa dos Veciños esixiu no último pleno do ano, celebrado o pasado martes, a mellora do lamentable estado do lavadoiro e a súa contorna, acadando unha resposta positiva por parte do goberno municipal.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!