peirao_actividades

Alternativa demanda a dinamización de espazos municipais

O goberno cambrés non impulsa o uso das infraestruturas municipais xa existentes. Ao que se lle suma o freo aos programas de actividades socioculturais e deportivas, sen buscar as adaptacións oportunas as normativas impostas polo Covid. Isto presenta un panorama de poucas opcións para veciños e veciñas.

O Goberno Municipal non está facer un bo mantemento e limpeza, nin tampouco especial publicidade para que a veciñanza sexa participe destes servizos, principalmente os situados nas parroquias máis rurais. Falamos de roteiros, Casas do pobo, pistas deportivas, parques infantís e outros espazos existentes como a finca Concheiras.

Alternativa xa demandou máis atención por parte do Concello para o coidado e mantemento destas áreas e esixirá, no pleno de hoxe, medidas para mellorar eses servizos e achegalos á veciñanza.

Novas relacionadas