[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños advirte dos problemas na contratación de obra pública na Deputación
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18zMzA0NTAwNiUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMzMwNDUwMDZfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O voceiro de Alternativa dos Veciños advirte nun debate na Radio Galega dos problemas que a nova lei de contratos do sector público está a provocar nas pequenas empresas galegas. Seoane pon o foco nas fórmulas utilizadas polas grandes empresas para gañar as licitacións.
Alternativa dos Veciños participou este luns 4 de marzo nun debate co resto de grupos con representación na Deputación da Coruña para falar da nova lei de contratos do sector público e do seu impacto nas licitacións da Deptuación da Coruña. Para o voceiro de Alternativa, esta nova lei prantexa unha serie de problemas que teñen que ver co acceso ás licitacións das pequenas empresas: “A nova lei favorece ás grandes empresas en detrimento das pequenas. Estamos vendo esta situación na Deputación, onde ao final tres ou catro empresas levan todas as obras. Hai un gran prexuízo para as pequenas empresas galegas“, asegura Seoane.
Segundo García Seoane as grandes empresas están a aproveitarse dos criterios da licitación para facerse con obras de xeito pouco lícito: “A existencia de mulleres no cadro de persoal utilízase como criterio de valoración nas licitacións para que as grandes empresas saian beneficiadas, porque despois vemos como esas mesmas empresas subcontratan as obras que gañan a outras que non teñen mulleres traballando”, asegura o voceiro provincial.
Gelo tamén quixo aproveitar a súa intervención no debate para criticar a falta de medidas contra as baixas temerarias que se están a dar na contratación por parte da Deputación da Coruña: “Ten que haber algo grave se a Deputación saca un proxecto de medio millón de euros e as empresas presentan orzamentos de 250.000 euros. Hai empresas que presentan baixas de máis do 50 %, especialistas do atraco á Administración Pública. Non se pode deixar que unha empresa que presenta baixas temerarias entre na licitación, porque baixa a media de xeito escandaloso”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]