[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Sada visitará a pé todas as parroquias para coñecer demandas e necesidades da veciñanza
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O grupo municipal de Alternativa dos Veciños Sada vai a comezar a percorrer, de xeito periódico e constante, todas as parroquias do municipio co obxectivo de coñecer, de primeira man, ás demandas e necesidades da veciñanza. Para a formación da margarida este é o único xeito de supervisar a actividade do Goberno municipal e o estado real das infraestruturas.
Nos últimos meses Alternativa dos Veciños está a observar sinalizacións caídas, fochancas nalgúns camiños ou lugares públicos que precisan dun maior mantemento, problemas que só poden detectarse visitando regularmente os camiños e a orografía de todas as parroquias que conforman o municipio. Dependendo da dispoñibilidade dos participantes, a intención é que estes percorridos sexan de carácter mensual, terán un punto de inicio, un roteiro específico para cada xornada e un punto final. A idea do grupo político de Alternativa é que, despois do parón obrigado pola pandemia, estas visitas se manteñan indefinidamente no tempo.
O periplo dará comezo este luns, 14 de xuño, ás 19:30 h, nas inmediacións da Igrexa de Soñeiro percorrendo a localidade de Alborelle ata o linde con Obra de Paño para, deste xeito, comprobar, in situ as vivendas que poderían estar afectadas ante a intención de instalarse no lugar unha planta de residuos industriais. Nesta primeira visita, ademais de varios membros de Alternativa, estará o Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]