Alternativa de Sada ve necesario incrementar control e supervisión sobre as empresas contratadas polo Concello

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada ve necesario incrementar control e supervisión sobre as empresas contratadas polo Concello

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Actuacións que se prolongan no tempo, restos vexetais sen recoller e as podas con maquinaria que erosionan espazos verdes son algunhas accións que Alternativa dos Veciños de Sada aprecia que se deben corrixir para evitar a degradación de camiños ou espazos senlleiros de esparexemento cidadán.

A principios do inverno, unha poda que se prolongou no tempo no Curruncho de Sada, nas inmediacións da Praia das Delicias, provocou que a maquinaria empregada deixara a superficie onde normalmente comeza a infraestrutura da celebración da tradicional sardiñada feita unha lameira, algo que, unido os numerosos restos vexetais espallados polo chan, fan que este fermoso lugar de esparexemento e lecer quede degradado para o uso e desfrute da cidadanía; unhas prácticas que se repiten en canto ós traballos de desbroces dos camiños do termo municipal e que fan que nas cunetas non flúan as augas pluviais ao non recoller os restos vexetais e estas asolaguen os propios rueiros, por iso, Alternativa de Sada ve preciso incrementar o control e supervisión destes traballos para o ben xeral e o ornato que merece o Concello de Sada.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!