2021

Alternativa de Sada urxe á demolición inmediata do edificio do Náutico

Ante as manobras dilatorias para impedir a demolición do edificio situado no paseo marítimo, sobre o cal existe unha sentenza na que se declara totalmente ilegal e que se proceda á súa eliminación, Alternativa dos Veciños demanda o seu inmediato derrubamento. Este edificio situado en solo de protección de Costas non debe manterse en pé nin un día máis, tal e como ten acordado o Goberno municipal.

A restra de informes que alega o PP para paralizar esta actuación non ten credibilidade nin fundamento algún, dada a contundencia da sentenza existente. Os anos que pasaran non impiden a demolición deste edificio, declarado totalmente ilegal.

O PP foi o primeiro que debeu executar a sentenza cando ocupaba a alcaldía. Tamén é o partido responsable de ter autorizado este adefesio urbanístico. Está claro que esta demolición deixa en evidencia as políticas destrutivas e especulativas do Partido Popular en Sada.

Novas relacionadas