Alternativa de Sada solicita que o centro urbano conte sempre cunha farmacia de garda

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada solicita que o centro urbano conte sempre cunha farmacia de garda

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco, dirixiuse por carta ó Conselleiro de Sanidade para solicitar unha solución á problemática do servizo farmacéutico en Sada, que, segundo as actuais normas, obriga á cidadanía ós desprazamentos en vehículos particulares cara a farmacia que preste o servizo farmacéutico de urxencia que na actualidade é rotativo e que, no caso do Concello de Sada, obrigaría a desprazarse a máis do 60% da poboación.

Breogán Blanco proponlle á Consellería dúas posibles solucións: que compartan quenda de garda as farmacias de Osedo e Meirás ou que o centro urbano de Sada conte sempre cunha farmacia de garda. “Desde o Concello apoiamos calquera decisión que se tome desde a Consellería de Sanidade e desde o Colexio de Farmacéuticos, mais consideramos que a operatividade, eficiencia e lóxica debe imperar para que o acceso das nosas veciñas e veciños estea garantido e non quede a expensas da capacidade de mobilidade das persoas”, dixo Blanco.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!