Alternativa de Sada solicita á Xunta un novo centro de Saúde na zona da Lagoa

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada solicita á Xunta un novo centro de Saúde na zona da Lagoa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O concelleiro de Alternativa dos Veciños Breogán Blanco, mantivo unha reunión co alcalde e co conselleiro de sanidade para tratar a posible construción dun novo centro de saúde. Alternativa aposta por impulsar a proposta do Concello, que propón que se constrúa na Lagoa, nunha zona onde xa están distintos servizos e equipamentos sociais e culturais.

Sada necesita con urxencia unhas instalación axeitadas para a prestación dos servizos sanitarios de saúde. No encontro co conselleiro solicitouse resposta formal á demanda realizada polo Pleno da corporación celebrado o pasado mes de decembro. Pola súa parte, o Concello debe abordar o desenvolvemento da actuación urbanística coñecida como A.P.R.-P.E.R.I.-D36 para adquirir e que posteriormente a Xunta poida iniciar a construción da instalación sanitaria.

Na xuntanza, o concelleiro de Alternativa tamén demandou o incremento dos actuais servizos de pediatría e o uso de fondos europeos para melloras de conservación no actual edificio que alberga o centro de saúde.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!