Alternativa de Sada promove roteiros para fomentar hábitos saudables

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada promove roteiros para fomentar hábitos saudables

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco, ten en marcha dúas actividade de lecer para mellorar os hábitos de vida da poboación e contribuír ás prácticas saudables.

Os Roteiros Saudables son unha actividade para fomentar os hábitos saudables e coñecer a contorna do concello na súa totalidade, parroquia por parroquia coa saída grupal todos os meses cun biólogo, que dará a coñecer a fauna e a flora do noso municipio. A outra proposta, Roteiros en vela, pon en valor a nosa Ría coma un medio máis para mellorar a nosa saúde e as nosas relacións sociais tan mermadas despois das pasadas restricións da pandemia.

Para obter máis información é posible dirixirse á Concellería de Promoción da Saúde no Concello de Sada ou chamar ao teléfono 981 620 075.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!