Alternativa de Sada reclama á Xunta celeridade para as beirarrúas de Veigue
A Xunta de Galicia non está a amosar ningunha dilixencia nin axilidade para abordar obras da súa competencia que afectan á seguridade das persoas, coma é o caso das beirarrúas en Veigue que foron demandadas en múltiples ocasións por parte de Alternativa dos Veciños. Segundo as noticias publicadas nos últimos días, a Xunta de Galicia estaría máis preocupada por anunciar maquetas de obras, para as que non está a contar cos concellos afectados.
Por que a Xunta non emprega a mesma axilidade e urxencia para facer as beirarrúas de Veigue? Alternativa de Sada seguirá a reclamar estas beirarrúas cantas veces sexa necesario ata que sexan unha realidade.