Alternativa de Sada presentará unha moción contra a planta de residuos de Obra de Paño

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada presentará unha moción contra a planta de residuos de Obra de Paño

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Sada solicitará no próximo pleno municipal que o Concello se opoña á instalación dunha planta de residuos en Bergondo, no linde con Soñeiro, e que se solicite á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a denegación da construción.

Malia que a planta de residuos se construiría no municipio de Bergondo, a parcela atópase no linde co Concello de Sada, afectando especialmente á parroquia de Soñeiro. Ademais, existiría un grave risco de contaminación do río Maior, que desemboca na praia de Sada.

Con esta moción Alternativa pretende que os concellos de Bergondo e Sada fagan fronte común para paralizar esta actuación en solo rústico de especial protección e afectada polo plan do litoral e defender á veciñanza e o patrimonio natural de Sada.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!