Alternativa de Sada lamenta que o alcalde non teña interese no Módulo deportivo de Mondego

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada lamenta que o alcalde non teña interese no Módulo deportivo de Mondego

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Este proxecto que lidera Alternativa dos Veciños non é prioritario para o señor alcalde e non porque Sada non o necesite, xa que a carencia de instalacións deportivas é notoria, simplemente é unha decisión política que prexudica notablemente ao pobo de Sada, que parece non importarlle. A pesar da subida de prezos e do encarecemento dos materiais, consideramos que esta obra é un investimento, non só en infraestrutura senón no fomento de hábitos de vida saudables nos nenos e nenas e a mocidade, fundamentalmente, e na poboación en xeral.

No pleno de xullo o alcalde manifestou que o proxecto se encareceu máis de 200.000 euros e que se estaba buscando financiamento. No pleno de agosto dixo que a cantidade é moito menor do que dixera o mes anterior e que estaba a falar coas empresas para ver se é viable a súa construción sen aumentar o prezo e sen modificar o proxecto, o que provocou a intervención da voceira de Alternativa María Nogareda que alegaba que o único que se está é perdendo o tempo e demorando intencionadamente todo o relacionado co proxecto.

A proposta do alcalde de establecer un procedemento negociado non é viable porque a información que trasladan os técnicos é que os prezos son bastante xustos e non cubrirían a obra, por tanto a única opción é a modificación de crédito. Somos conscientes de que se esta non se leva a cabo no pleno de setembro, xa non se poderá realizar neste mandato.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!