Alternativa faise eco das queixas veciñais sobre o mal funcionamento do alcantarillado en Cirro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa faise eco das queixas veciñais sobre o mal funcionamento do alcantarillado en Cirro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Hai moito tempo informouse deste problema á área municipal correspondente que se comprometeu a arranxar esta disfunción antes do inverno, máis coas últimas choivas todo segue igual ou peor.

Desbordamentos de auga por fóra das alcantarillas, hortas asolagadas, cheiros nauseabundos, contaminación dos pozos colindantes e verquidos de fecais á praia de Cirro en Veigue, son algúns dos efectos que están a causar as últimas choivas no mal funcionamento do alcantarillado en Cirro, na parroquia de Veigue. Os veciños da zona denunciaron á agrupación de Alternativa dos Veciños que antes somentes eran dúas alcantarillas as que desbordaban, máis agora, xa son máis, provocando o asolagamento da zona.

Desde Alternativa dos Veciños queremos insistir nesta problemática, denunciando a situación, porque as inundacións poderían agravarse no caso de chover con máis intensidade. Para Alternativa é preciso resolver canto antes estes problemas, que, á postre, poden ser máis graves e dolosos para a veciñanza.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!