Alternativa de Sada esixe outra vez a rexeneración da praia das Delicias

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada esixe outra vez a rexeneración da praia das Delicias

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Rexenérase a ría do Burgo, drágase o Porto de Lorbé e quérese facer unha pasarela desde as Xubias ata Santa Cristina, mais a praia de Sada non lle importa a ningunha administración.

Alternativa dos Veciños quere denunciar o abandono e esquecemento por parte das administracións no referente a rexeneración do areal da praia das Delicias, un proxecto que quedou aparcado despois de dous estudos ambientais e moitas promesas incumpridas, tanto por parte da administración central coma autonómica.

Para a formación política da Alternativa dos Veciños é absolutamente discriminatorio o trato que se lle está a dar o areal sadense respecto a outras actuacións noutros concellos que, nalgúns casos, non teñen urxencia algunha coma é o caso da famosa pasarela das Xubias a Santa Cristina. Alternativa quere lembrarlle as administracións responsables que a praia de Sada é o motor turístico e industrial da vila e o seu pulmón económico e, polo tanto, trátase dunha actuación urxente de rexeneración que os e as sadenses levan a esperar anos sen resposta algunha.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!