A Concellería de Promoción da Saúde porá en marcha un dispositivo de detección para garantir a seguridade do entorno administrativo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Concellería de Promoción da Saúde porá en marcha un dispositivo de detección para garantir a seguridade do entorno administrativo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Será unha medida coordinada coa Concellería de Seguridade Cidadá e que beneficiará a todos os traballadores municipais con especial incidencia nos funcionarios máis susceptibles polas súas interaccións sociais propias do desempeño dos seus cometidos.

Dende a Concellería de Promoción da Saúde, que dirixe o concelleiro da Alternativa dos Veciños de Sada Breogán Blanco, en coordinación coa Concellería de Seguridade Cidadá, vaise por en funcionamento un dispositivo mensual de detección de Covid 19 para os traballadores do Concello máis expostos á interacción social coma é o caso da Policía Local, Servizo de Emerxencias, Obras e Servizos, Conserxes dos CEIP, ademais do persoal de Servizos Sociais, Rexistro e Padrón. Todos eles disporán dunha proba diagnóstica de PCR mensual ata que a situación sanitaria baixe as cotas aceptables establecidas polas porcentaxes por cada cen mil habitantes que recolle a Consellería de Sanidade.

Tamén darase unha resposta eficiente e áxil ante a dúbida dalgún traballador/a sobre á súa sintomatoloxía ou posibilidade de contaxio, debido a un contacto cun positivo ou con algunha persoa con síntomas compatibles coa Covid 19, polo que accederán tamén a esta proba diagnóstica.

Con esta medida trátase de garantir unha atención cidadá segura coidando en primeira instancia a saúde dos traballadores e funcionarios municipais que, polo seus cometidos, teñen máis contacto social ca cidadanía para que, deste xeito, todo o entorno administrativo e de acción municipal sexa o máis controlado e seguro no eido sanitario.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!