Alternativa de Sada demanda que non se elimine o spa da piscina municipal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños  Sada mostra o seu apoio á iniciativa de recollida de firmas iniciada por un grupo de veciños de Sada para frear  os novos plans que expón o actual goberno municipal respecto á piscina municipal.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Tal e como difundiu a prensa, a idea é eliminar a zona de spa para ampliar a zona da sala de máquinas. A opinión deste grupo político coincide coa proposta destes veciños. Non se pode levar a cabo a eliminación dese espazo cando o mesmo dota dun servizo importante para os nosos veciños e cando existen outras solucións que permitirían compaxinar ambas opcións.

Por parte deste partido, considérase que actúan de forma precipitada por parte do actual goberno sen saber cal é o motivo que lles leva a actuar con tanta rapidez sen pensar nas repercusións das súas accións.

É necesario destacar que por parte do goberno municipal ocúltase a realidade económica da apertura da piscina. Realizan unha xestión que socializa perdas para despois privatizar ganancias.

Por tanto, desde Alternativa dos Veciños Sada ínstase ao goberno municipal a que cesen na súa actitude e non continúen co seu propósito de eliminar a zona de spa da piscina municipal.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!