Alternativa de Sada demanda máis persoal sanitario para a atención primaria

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada demanda máis persoal sanitario para a atención primaria

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco, dirixiuse por escrito ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para solicitar a necesidade de incrementar o persoal que actualmente presta servizo no centro de saúde do concello. Alternativa de Sada segue considerando que o persoal sanitario está sobre pasado e tanto os traballadores como a veciñanza son os prexudicados dun rateo insuficiente, cunha poboación que supera os 25.000 habitantes -30.000 durante o verán- ao engadirse a atención no PAC do municipio veciño de Bergondo.

“O déficit no número de traballadores do SERGAS no noso municipio está ben diferenciado no rateo de persoal por tarxetas sanitarias no Concello, que xa enviamos fai dous anos á Consellería. Todo este problema desencadea discusións constantes coas nosas veciñas e veciños polas longas esperas, ata o punto de producirse momentos moi tensos entre os pacientes e traballadores do Centro, e nos que a Policía Local interveu en máis dunha ocasión”, comentou Breogán Blanco.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!