[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Sada demanda a actualización do alumeado público este ano
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Nos últimos meses producíronse varios apagamentos nas farolas das vías principais do Concello de Sada.
No lugar de Castelo, na parroquia de Osedo, dende o cruzamento que vai a Mosteirón ate o linde con Oleiros, houbo catro apagamentos do alumeado público, en pouco máis dun mes, un deles cunha duración de tres semanas. Esta situación repítese con relativa frecuencia en diversos puntos do municipio, tanto nas rúas céntricas, coma en diversas parroquias coma poden ser Carnoedo ou o mesmo Osedo.
A parte das incidencias provocadas polas inclemencias meteorolóxicas propias do inverno, ou por avarías ocasionais, as zonas máis afectadas son normalmente as que aínda teñen o alumeado antigo que xa vai quedando obsoleto ante a actual iluminación Led.
Alternativa dos Veciños, ante a urxencia desta situación, agradece os esforzos dos técnicos e persoal administrativo para que, ao longo deste ano se leven a cabo todos os trámites necesarios para actualizar todo o alumeado público do Concello, xa que, na actualidade, existe unha subvención para acometer esta necesaria actuación para a seguridade dos peóns e do tránsito rodado.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]