Alternativa de Sada considera unha aberración urbanística e ecolóxica a planta de residuos industriais que se proxecta en Obra de Paño

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada considera unha aberración urbanística e ecolóxica a planta de residuos industriais que se proxecta en Obra de Paño

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A planta de residuos pretende instalarse en solo rústico de especial protección de espazos naturais, podería albergar residuos prexudiciais para a saúde coma o amianto ademais de supor un perigo contaminante para o Río Maior e as augas da Praia de Sada.

Hai décadas tentárono cunha planta de residuos hospitalarios, no 2019 con outra de residuos industriais e agora é a promotora Celso Núñez S.L. quen quere instalar outra planta de residuos industriais coma escombros, plásticos ou metais que poderían vir mesturados doutros materiais perigosos e canceríxenos coma o amianto. Esta futura instalación estaría situada a poucos metros antes do cruceiro de Obra de Paño dirección a Sada entre a localidade de Lubre en Bergondo e a de Alborelle pertencente a Sada, unha zona residencial con casas turísticas que se verían afectadas dun intenso tráfico rodado, contaminación acústica e unha preocupante suspensión do po que producen os escombros. A parcela non conta con acceso a rede de saneamento municipal e as augas fecais mesturadas cas pluviais irían a un depósito que en momentos de fortes precipitacións, no caso de desbordamentos, baixarían o Río Maior e as augas da Praia de Sada.

Alternativa dos Veciños pregúntase para que están os Polígonos Industriais e advirte de que no caso de que esta instalación se implantara Augas de Galicia e a Xunta serían responsables da contaminación do Río Maior e da salubridade das augas da Praia de Sada. Alternativa, igual que xa está facendo tamén no caso de Bergondo, está a disposición de todos os veciños e veciñas de Sada afectados para loitar contra a instalación desta planta.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!