Alternativa de Sada considera inadmisible unha Mancomunidade que exclúa concellos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada considera inadmisible unha Mancomunidade que exclúa concellos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A nota de prensa unilateral do actual presidente do Consorcio das Mariñas avogando por unha nova Mancomunidade sen contar co Concello de Oleiros só pode considerarse coma unha cortina de fume ou unha saída cara adiante ante a complicada situación que o señor Santiso levou ó Consorcio das Mariñas rachando dende hai anos co consenso e a cordialidade que reinaba entre as administracións locais.

Ante a creación dunha nova Mancomunidade a normativa é moi clara: non é posible transformar un consorcio en mancomunidade sen antes liquidar o Consorcio, resolvendo a situación do persoal (liquidación ou subrogación), a situación económica (activos e pasivos) e regularizando o contrato da empresa que recolle o lixo en toda a comarca. Un informe técnico emitido pola Deputación da Coruña referenda esta posición xa que advirte ao presidente do Consorcio das Mariñas da necesidade de que a transformación en Mancomunidade do Consorcio só é posible mediante un rigoroso análise previo da situación. Unha situación na que ademais hai que render contas ó Concello de Oleiros, administración local á que está adscrito o actual ente supramunicipal.

¿Pode o Concello de Sada asumir o encarecemento do custe do servizo da recollida do lixo ó prescindir dun Concello coma o de Oleiros de 40.000 habitantes, o de máis poboación da área metropolitana? ¿Que faría a futurible Mancomunidade no caso dunha sentenza que inhabilitara á súa actual directiva?

Mentres non haxa unha Área Metropolitana na que estean representados todos os concellos a creación dunha Mancomunidade é necesaria pero con interlocutores válidos que aposten pola inclusión e o cumprimento das leis que regulan estes organismos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!