[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Sada solicita a concesión do edificio da Sociedade para o Concello
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños vai presentar no próximo pleno municipal unha moción para que o Concello de Sada solicite novamente a concesión que lle fora outorgada no ano 1952 a respecto do uso das instalacións situadas na Rúa da Praia, no local onde desenvolve a súa actividade a entidade Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva Sada. O obxectivo que se persegue é poder levar a cabo no lugar actividades municipais e actividades veciñais de forma que se comparta o espazo.
Incomprensiblemente, no 2000 a corporación presidida por Ramón Rodríguez Ares, coa desculpa da realización do Proxecto de Recuperación do Borde Litoral da Praia de Sada, acordou renunciar á concesión da parcela. A actitude do Concello ante Costas, levou a este organismo a ordenar a demolición do edificio para realizar un paseo que nunca se chegou a facer e que a día de hoxe sería inviable.
O pleno acordou por unanimidade no 2007 que o edificio da Sociedade, deseñado polo prestixioso arquitecto Andrés Fernández – Albalat, se mantivera en pé e non fora demolido mais a xefatura de Costas fixo un requirimento para que, a pesar de que tiña licencia, se efectuara a mencionada demolición.
Desde hai 20 anos a Sociedade recreativa, cultural e deportiva de Sada está a sufrir unha situación crítica coa baixa de centos de socios e socias e a eliminación de moitas das actividades que levaban a cabo. Como consecuencia desta situación os seus directivos ofrecéronlle en varias ocasións ao Concello a cesión das instalacións para simultanear todas as actividades das que o pobo de Sada viña gozando desde hai máis de 60 anos.
España está sementada de concesións na zona marítimo terrestre, a maior parte privadas e situadas en praias.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]