[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Sada avoga polo diálogo para salvar A Terraza
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, xunto co Concelleiro de Cohesión Social, Breogán Blanco e outros membros da formación xa mantiveron a primeira reunión cos donos do edificio da Terraza.
A formación política de Alternativa dos Veciños Sada aposta polo diálogo cos donos da Terraza para chegar a un acordo satisfactorio para as partes e deste xeito poder actuar con axilidade para evitar a deterioración progresiva do actual Ben de Interese Cultural. Alternativa lembra que, na actualidade, os recursos administrativos dos donos do inmoble contra da denegación da prórroga da concesión poden alongar no tempo a situación de abandono que padece o edificio, ademais de perderse o financiamento preciso para á súa reforma, uns investimentos que a día de hoxe ofrecen as administracións para salvagardar este tipo de patrimonio.
Con este obxectivo Alternativa dos Veciños Sada xa tivo a primeira reunión cos donos da Terraza para saber de primeira man a situación, e buscar solucións ao estancamento actual da situación deste inmoble recentemente declarado BIC. Os actuais propietarios agradeceron en primeira instancia este achegamento por parte de Alternativa por ser o único grupo político de Sada que se reuniu con eles mostrando interese en chegar a acordos.
Desde a formación que preside Ángel García Seoane subliñan que é de vital importancia buscar unha solución á situación actual antes de que a deterioración do edificio sexa irreversible, e deste xeito amosaron a vontade de volver a reunirse cos propietarios do quiosco modernista.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]