Alternativa de Sada apremia para o traslado do centro de saúde
Despois das conversas mantidas coa Consellería de Sanidade durante este ano e co crédito xa retido dentro do Orzamento municipal, precisamos comezar a desenvolver o PERI e axilizar os trámites para poñer a disposición da Xunta a parcela xa contemplada no PXOM, e así cumprir co compromiso adquirido pola Comunidade Autónoma e o Concello de dar traslado ao Centro de Saúde, unha das principais demandas das veciñas e veciños de Sada. Xa comunicado por parte de Alternativa dos Veciños en varias ocasións durante os derradeiros meses ao alcalde, debe de comezar o desenvolvemento deste plan antes de final de ano.