[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Sada aposta polo mantemento continuado das infraestruturas deportivas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Son varias as pistas polideportivas que xa están arranxadas ou a piques de rematar o seu mantemento. Estes días remataron as obras de acondicionamento e mantemento da pista polideportiva de Meirás, unha actuación onde se abordaron diversos traballos coma o lavado da superficie, a marcaxe e pintado das liñas de baloncesto, balonmán, fútbol sala e tenis, o cambio por Tramex nos fondos da pista e a reparación do valo perimetral.
Esta actuación, que formaba parte do programa electoral de Alternativa, súmase o arranxo doutras pistas coma a de Veigue ou Sada que se atopaban moi deterioradas, e forma parte dun ideario que aposta por dotar a Sada dunhas infraestruturas necesarias e cun mantemento continuado para a práctica deportiva durante todo o ano e en toda as parroquias. Ademáis destas actuacións, o Departamento de Deportes que dirixe a Concelleira de Alternativa, María Nogareda, aposta firmemente pola Cidade Deportiva de Mondego e por polideportivas cubertas para que as inclemencias metereolóxicas non sexan un impedimento para a práctica deportiva.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]