Alternativa de Sada alerta de inseguridade viaria e peonil na avenida República Arxentina

WhatsApp Image 2023-03-23 at 11.39.59 (1) (1) (1)

Ademais do perigo que supón a alta velocidade dos vehículos que baixan dirección a Sada desde o Albergue Xuvenil de Gandarío, o paso de peóns na intersección cara a Rúa da Obra está practicamente difuminado polo desgaste do tráfico rodado.

Non é froito da casualidade que hai uns días producírase un grave accidente na baixada da Avenida República Arxentina cara a intersección da Rúa da Obra. Trátase dun tramo en pendente comprendido nunha curva con escasa visibilidade onde circulan moitos vehículos a máis velocidade da permitida, un risco que, a día de hoxe, ninguén puxo remedio. A isto hai que engadir o inminente perigo que supón ter un paso de peóns, como o da intersección da Rúa da Obra, despintado, e case invisible ós ollos dos condutores que transcorren a diario por esta vía.

Desde Alternativa dos Veciños Sada alertamos do evidente perigo que todo isto supón para a cidadanía e conminamos á administración local a que tome as medidas pertinentes para rebaixar a velocidade dos vehículos que baixan da gasolineira cara ó centro urbano, e que se proceda urxentemente ao pintado do paso de peóns da intersección ca Rúa da Obra para que este sexa novamente visible para o tráfico rodado.

Novas relacionadas