Alternativa de Sada urxe ao alcalde a contratación das actividades saudables

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Sada urxe ao alcalde a contratación das actividades saudables

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Sada, desde a Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, pretende retomar de maneira inminente as actividades de pilates, ioga e zumba e os Roteiros Saudables. Hai varias semanas que o concelleiro de Alternativa Breogán Blanco enviou toda a documentación para realizar o correspondente concurso público de adxudicación tal e como establece a lei e malia demandar desde o Goberno municipal a importancia desta licitación aínda non se iniciou a contratación.

Estas actividades repártense en todas as parroquias do Concello e son moi importantes para volver aos hábitos e actividades saudables anteriores á pandemia, sempre cumprindo coa normativa sanitaria existente. “ O obxectivo é programar os “Roteiros Saudables” con saídas no propio concello, e aproveitar as rutas do Camiño de Santiago, e no que respecta ás actividades “Pilates, Ioga e Zumba”, continuar coa dinámica eficiente xa acadada antes da pandemia”, comentou Breogán Blanco.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!